domingo, 9 de noviembre de 2014

Consumismo e contaminación do medio ambiente

A SOCIEDADE DE CONSUMO

Vivimos nunha sociedade chamada sociedade de consumo, é dicir nunha sociedade na que a base da economía e comprar e consumir.
Chamamos consumismo ao consumo desenfreado de bens e servizos. Unha das principales 
causas do consumismo é a cantidade de publicidade que nos invita a consumir cada vez mais.
Un caso de consumismo claro  é o de España, con cada vez máis consumidores.

Publicidade e necesidades
A publicidade crea necesidades e deseos nas personas para que as empresas poidan vender.
Estas necesidades son:
Necesidades básicas
Necesidades de seguridade
Necesidades sociais
Necesidades do ego
Necesidades de autorrelación

Moita xente gasta moito por necesidades pouco básicas para ter os mesmos obxectos ca os demais e desde este punto a xente consume máis do necesario.




Dereitos dos consumidores 
Os consumidores teñen unha serie de dereitos:
- Dereito á protección da saúde e á seguridade 
- Dereito á protección dos lexítimos intereses económicos e sociais
- Dereito á información
- Dereito á indemnización polos danos e prexuízos sufridos

As actividades humanas e o medio ambiente
nas últimas décadas, o crecemento da poboacion, a industrialización e o consumo esta poñendo en perigo o noso planeta, ao reducir os recursos e enchelo de residuos. 
Na actualidade, o gran reto para a humanidade é crear un novo modelo de desenvolvemento sostible, é dicir, un desenvolvemento que mellore a calidade de vida humana sen destruir o ecosistema da Terra e no que debemos participar individualmente e colectivamente.

2 comentarios:

  1. Nesta entrada falta elaboración propia, resumides o texto do libro e non relacionesdes os temas.

    ResponderEliminar
  2. O blog ben, aínda que podedes mellorar algúns aspectos:
    1) As fontes consultadas non están enlazadas.
    2) Poñede as etiquetas correctamente.
    3) As entradas non seguen as pautas, nalgunha ocasión dividides os apartados en entradas.
    4) Seguide traballando na elaboración propia e corrixide aquelas entradas que o precisen.

    Ánimo!!

    ResponderEliminar