viernes, 24 de abril de 2015

Xustificación da nosa campaña

a) Os dereitos humanos na nosa campaña 

articulo 23 : 

1.Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
2.Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual salario por traballo igual.
3.Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.

articulo 25:

Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.
articulo 20
1.toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas.
2.Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación




b) Os dereitos e deberes na constitución española 

Articulo 14:
Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
 Articulo16:
1.Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantemento da orde pública protexida pola lei.
2.Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.
3.Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demais confesións.

c)Localizade outro tipo de declaracións, protocolos ou leis que na actualidade protexan ou loiten por mellorar a situación sobre o voso


Aqui está o protocolo de actuación anti-droga da delegación do goberno. As ideas principais son:


  1. Planteamiento da situación
  2. Previsións legais
  3. Obxecto do protocolo
  4. Plan de actuación
Aqui os deixamos o enlace para que o dexades:
https://www.fiscal.es/fiscal/PA_WebApp_SGNTJ_NFIS/descarga/131-Protocolo%20actuaci%C3%B3n%20entre%20Delegaci%C3%B3n%20Gobierno%20Plan%20Nacional%20sobre%20Drogas.pdf?idFile=fc2e37c6-578a-432b-b115-54099d68d0a9

No hay comentarios:

Publicar un comentario