O pasado martes na rúa Urzaiz e Principe o concello de Vigo e o Concello Municipal da Muller organizaron o evento co tema da ciberviolencia.
Asistiron distintos centros de secundaria que participaron en diferentes actividades como baile, rap e regueifas, malabares ou na realización dos murais contra a ciberviolencia.
Tamén se podia atopar un escenario no que distintos colexios dician as suas consignias co tema ''stop a ciberviolencia de xénero''.
Neste evento participaron autoridades locais como o alcalde e a policia municipal. Nestas intervencións o alcalde revindicou o fin da violencia de xénero, tamen falou sobre os maltratadores dicindo que estes son uns cobardes e que teñen que concienciarse de elo.
Mais tarde a partir das 11:45 todos os colexios crearon un tapiz humano que simulaba unha conversación de WhatsApp.
Pareceunos unha experiencia moi divertida da que se pode aprender moito. Tamén axudounos a concienciarnos a nos e a moitos mais para o futuro, para erradicar esta violencia.



